logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca
  • Extraescolares oferta 2026/27

Archivos de Etiquetas: 1º ESO

Avanzando nun proxecto de futuro

Publicada en 11 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

As persoas que nos seguen de preto xa saben que, dende fai tempo, os colexios diocesanos Casa do Neno e Seminario Menor A Asunción vimos dando pasos para ir pouco a pouco procurando puntos de encontro, para ir avanzando cara un proxecto educativo conxunto, no que a diocese de Santiago poda ofertar un proxecto educativo completo, innovador e que dea resposta ás necesidades das familias e da sociedade do século XXI. 

Somos dous centros irmáns, que percorreron camiños distintos, por separado, e que agora queremos unir forzas e potenciar unha oferta para a nosa contorna un proxecto educativo sólido, que abrangue todas as etapas educativas non universitarias.   

O proceso leva xa tempo en marcha, pero agora acelera o paso coa posta en funcionamento dunha comisión pedagóxica, formada por profesores dos dous centros, para ir unificando todos os procesos educativos cotiáns (organización de espazos, metodoloxía de traballo por proxectos, ferramentas dixitais para usar no proceso educativo, proxectos pedagóxicos, planificación de actividades conxuntas, formación en común do profesorado, …).

Desta primeira reunión sairá xa a oferta educativa concreta de secundaria para os alumnos que este curso rematan a súa etapa en primaria, que pronto se presentará ás familias interesadas. 

Os retos están aí diante. O camiño está aberto. Agora toca percorrelo, sentíndonos #XuntosEnCamiño

Alberto Recarey

Iniciamos proxecto global sobre a Ribeira Sacra

Publicada en 6 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Hai uns días iniciamos un novo proxecto cheo de sorpresas, actividades, xogos e novas aprendizaxes. No horizonte, a Semana Cultural do colexio que celebraremos a primeira semana de marzo.

O día 20, os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO  tiveron unha xornada diferente; esperáballes un desafío inicial que os profesores plantexaron como un xogo de pistas, a través do que descubrían o tema central da Semana Cultural: A Ribeira Sacra

Aquí tedes algunhas das reflexións dos alumnos de 4º de ESO

Nicolás: “O desafío inical pareceume unha maneira boísima para aprender dunha forma máis divertida. Todas as probas parecéronme  interesantes e aprendín sobre colleitas, flora, fauna e mosteiros. Unha das probas que máis me gustou  foi a dos refráns. Gustaríame visitar a Ribeira Sacra xa que é un lugar precioso, alí hai unha excursión en barco que ten que ser impresionante. Quero ver a teoría na súa realidade.”

Ainhoa “Aprendimos moitas cousas sobre a historia do lugar, arte, música e paisaxe, traballando en equipo”

Carla : “O desafío inicial pareceume xenial e moi interesante, creo que deste xeito apréndese máis”

Yolanda Gómez

Comezamos as vacacións de Nadal

Publicada en 23 de diciembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O día 22 dabamos por finalizado o primeiro trimestre, e faciámolo coa celebración da Santa Misa e o Festival de Nadal. Nos días anteriores houbo tempo para ultimar todos os detalles e ensaiar as distintas actuacións. A xulgar polos resultados e as valoracións das familias, realmente valeu a pena.

Xa de vésperas, a comunidade dos alumnos internos xuntábase en torno a imaxe do Neno Deus para orar e festexar, despóis, coa cea de Nadal. O día seguinte, uníase toda a comunidade do Seminario en torno á Mesa do Altar para seguir dando grazas polo Misterio do Deus feito Home.

Tras compartir un chocolate e un biscoito, demos comezo ao festival, conducido por D. Tino e Andrea, alumna de 4º ESO. Os alumnos de 2º BACH foron os encargados de romper o xeo cunha impecable actuación que conseguiu elevar o ánimo de todos os presentes. Continuaron alumnos de 1º ESO, 3º ESO e 1º BACH cunha actuación conxunta. Xa chegaría o momento de actuar por clases, como cando 1º BACH interpretou o Adeste fideles con Dª. Araceli ao piano.  Jorge e Laura, alumnos de 2º ESO tamén se animaron a facer soar este instrumento, uníndose despóis toda a clase nunha actuación conxunta (baile e unha pequena sorpresa…). Tamén os de 4º ESO quixeron animar o ambiente cun dos seus bailes.

Tras varias semanas de ensaio, Dª. Yolanda apoiouse nos alumnos de 3º ESO coa axuda dos de 4º ESO para levar adiante un teatro de sombras narrando toda a historia do Nadal, dende o momento da Anunciación ata a Adoración dos Reis. Un gran traballo cargado de moita emotividade.

E chegou o ansiado momento… Coñecedes o videoclip de Merry Christmas de Ed Sheeran e Elton John? Pois repasádeo… porque quixemos facer a nosa propia versión. Un largo traballo que culminou neste día coa súa presentación. Queres visualizalo? Os alumnos xa o teñen nos seus dispositivos, tanto o resultado final coma o making of. Dilles que cho ensinen… Polo de pronto, nas redes sociais iremos colgando, ao longo do Nadal, distintos momentos desta xornada.

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • …
  • 19
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR