Esta semana tivemos a sorte de contar coa profesora Laura Ayude, que imparte Formación e Orientación Laboral no Departamento de Comercio e Marketing da Escola de Formación Agraria do Piñeiral. Laura presentounos os ciclos e a forma de traballar neste centro educativo de formación profesionall, homologado pola Xunta de Galicia, para a impartición de ciclos profesionais de grado medio e grado superior.
Na EFA Piñeiral contan cun 90% de inserción laboral, máis de 200 empresas acolledoras, a metodoloxía de alternancia aula-empresa, 7 períodos en empresas, 25 visitas técnicas e 25 charlas profesionais, titorías mensuais individualizadas, 70 horas de conversación en inglés por ciclo….
Unha oportunidade de formación para todo o alumno que esté pensando en estudiar un ciclo de Formación Profesional. Deixamos un teléfono 981500580 e unha páxina web onde atopar máis información: www.pineiral.es
Agradecemos á profesora Laura a súa disponibilidade para acercarse ó noso centro.