logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: 3º ESO

Esperta!!! Xa se achega o Nadal

Publicada en 3 de diciembre de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Chegou o tempo litúrxico do Advento, polo que os alumnos, por cursos, participaron nunha celebración de comezo de Advento, na Capela de san Xosé.

Neste momento que temos tantas cousas na cabeza e que se aproximan os exames da primeira avaliación, non podemos pasar por alto a preparación do Nadal. As nosas rúas estanse a engalanar, o mesmo que as nosas casas e o Seminario: o exterior vai collendo a cor do Nadal. Pero tamén ten que ir collendo cor de Nadal o noso interior.

Por iso, nas celebracións resoou con forza a palabra “ESPERTA”, non vaia ser que esteamos durmidos ou despistados cando naza o Neno en Nadal. Todo o que os rodea pode e debe servir para que se poña no centro o importante que é que Deus nace para salvarnos. É tamén que conta connosco para que esta noticia chegue a todos os homes e a todas as partes. Nós queremos ser coma os pastores ou os Magos que estaban espertos e puideron contemplar a Deus feito home. Non podemos pasar o Nadal durmindo, coma uns días mais sen decatarnos que temos moito que celebrar: a “Deus connosco” a “Deus que os salva”.

Por iso estas celebracións, quixeron ser coma a badalada forte que nos esperta e que esperemos nos manteña atentos durante todo o Advento para celebrar de xeito cristián o Nadal.

Manuel Jesús Formoso

En transición cara un novo modelo enerxético

Publicada en 26 de noviembre de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este luns 23 de novembro, os alumnos de 2º e 3º da ESO fixemos unha excusión á Alameda para participar nun taller didáctico organizado pola Fundación Naturgy.

Todo desenvolvíase nun ecocamión un tanto especial. Subímos, sentámonos e abrochámonos os cinturóns de seguridade, nunhas cadeiras que permitían xirar 360º proporcionando unha panorámica completa, coma se dunha nave espacial se tratara. Dispoñiámonos a sair polo espazo atravesando a atmósfera. Algún compañeiro agarraba a súa cadeira con todalas súas forzas e cara de velocidade, cando a comandante informounos do despegue. Pena que todo fora un simulacro! As luces e un robot eran as únicas cousas que se movían alí.

Vendo a contaminación local nas nosas cidades, ata a contaminación global de todo o planeta reflexionamos sobre a economía lineal que consume materias primas e enche o planeta de lixo. Tamén falamos da enerxía que necesitamos e o que custa obtela, coñecendo as centrais térmicas da nosa contorna e o que alí se fai.

Todo foi unha boa excusa para falar da transición enerxética á que estamos avocados. E ahí entramos nós:

  • futuros inxeñeiros para desenrolar toda a investigación necesaria para obter novas formas de enerxía.
  • futuros consumidores e productores para valorar e apoiar a economía circular.
  • mozos para escoller estilos de vida máis respetuosos co medio ambiente.

Os alumnos de 2º ESO xunto coa a profesora acompañante.

Inicio das clases

Publicada en 11 de septiembre de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Na mañá deste venres, a Consellería de Educación comunicou que pospón o inicio do curso escolar para os alumnos de Secundaria e Bacharelato.

No caso do Seminario Menor, o comezo das clases, que estaba previsto para o mércores 16, trasládase ao mércores 23 de setembro. Ese día darán comezo todos os alumnos dos distintos cursos de ESO e Bacharelato.

Nos vindeiros días, as familias recibirán a través dos seus correos electrónicos e da prataforma Educamos, información máis detallada sobre a organización do curso.

Banco de libros. Fondo solidario de libros de texto

Publicada en 1 de julio de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O Seminario Menor da Asunción dispón dun fondo de libros de texto creado a partir das aportacións voluntarias das familias e de aqueles libros adquiridos mediante axuda das administracións.

Nas actuales circunstancias, o centro pode garantir o acceso a un elevado número de libros para os seus alumnos, tendo sempre preferencia aquelas familias que aportaron a dito fondo. Nalgúns cursos incluso a totalidade de alumnos podería acceder a todos os libros necesarios (a excepción, lóxicamente, dos cuadernillos de traballo).

O reparto dos libros terá lugar na primeira semana do curso académico, podendo tamén mercar na librería do propio Seminario o material restante.

Agradecemos dende aquí as diversas aportacións, pois supoñen un importante aforro nas economías familiares e apelamos tamén ao coidado do material de cara a poder seguir garantindo este servizo.

 

Curso de Verán

Publicada en 22 de junio de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

LO SENTIMOS MUCHO, PERO ESTE AÑO, DEBIDO A LAS ESPECIALES CIRCUNSTANCIAS PROVOCADAS POR EL COVID 19, NO SE LLEVARÁ A CABO NUESTRO TRADICIONAL CURSO DE VERANO. NO OBSTANTE, LOS PROFESORES SEGUIRÁN A DISPOSICIÓN DE NUESTRO ALUMNADO DURANTE EL MES DE AGOSTO, VÍA TELEMÁTICA.

El Curso de Verano es una iniciativa del Seminario Menor que pretende ayudar a los alumnos tanto del propio Seminario como de otros centros a preparar las asignaturas de las cuales deberán examinarse en septiembre o también aquellas en las que necesitan un especial refuerzo.

Puedes acceder a una información más completa pinchando aquí.

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter