logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
  • Instalacións
  • Actividades
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • XII Semana Cultural 2025.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
  • Pastoral
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • Día do Seminario.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: 3º ESO

Coñecías as utilidades da criptografía?

Publicada en 2 de junio de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

A semana pasada tivemos unha charla do programa A Ponte no centro que intenta amosar os estudos univesitarios a estudantes de secundaria e bacharelato.

Desta volta, dende a Facultade de Matemáticas, achegáronse para falar de criptografía dende un punto de vista histórico, descubrindo como o mundo da protección de datos e identidades, remóntase ao emperador César Augusto ou incluso antes. Os nosos alumnos daban ideas sobre como mellorar o primeiro sistema criptográfico rexistrado que se desenvolveu na época romana e así descubrir como avanzaban os sistemas de codificación e descodificación de mensaxes ata maior complexidade. Desde os romanos, ata a Alemaña nazi, pasando pola mafia italiana ou, nos nosos días, polos bancos, os modelos de criptografía serviron para enviar mensaxes ocultas, para salvar vidas durante a Segunda Guerra Mundial ou para desmantelar redes criminais. Cada un dos exemplos de aplicación foi máis interesante e tamén, comprender que son indispensables para a vida tal e como a entendemos hoxe (certificados dixitais, tarxetas persoais…). Tan esenciais, que sen eles, colapsaría un sistema que nos levaría ao caos.

Non obstante, non estamos tan lonxe diso, xa que os ordenadores cuánticos que se están a desenvolver están preto de poder descodificar o sistema de cifrado máis empregado polas entidades que xa forman parte da nosa vida diaria e das que dependemos. O desafío está nas nosas mans!

Moitas grazas por esta hora tan suxestiva na que todas as clases participaron activamente, aportando ideas, facendo preguntas, relacionando áreas da criptografía con outras como a lingüística…

Outra forma de aprender e entender o que pasa no mundo.

María Bandín

 

Festival das Letras

Publicada en 2 de junio de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Sacar a poesía do sofá do lector, levala á rúa, rebelarse contra a concepción do libro como un cadáver no anaquel. Iso é o que Xela Arias defendeu ao longo da súa vida e iso foi o que nós tentamos facer co noso proxecto “Menú poético”, presentar os poemas doutro xeito, como se se tratase de saborosos e alimenticios pratos. 

Levamos comendo poemas dende o pasado mes de abril, polas paredes do noso centro cada día anunciabamos un menú distinto, pero cociñado sempre a lume lento e con amor, moito amor. E, como manda a tradición, rematamos o labor cun albaroque, cunha festa na que a comida e a música estiveron presentes. Os nosos alumnos como anfitrións, maitres e cociñeiros.

Xela Arias cóntanos nun poema titulado: “Epístola. Biografía”:

Deixara os meus estudos e traballaba, pero entre Novalis

almorzaba Rimbaud, xantaba Verlaine e ceaba Baudelaire

(Novoneyra ou Ferrín de aperitivo).

Comezamos, pois, a nosa degustación escoitando a eses dous poetas malditos que almorzaba e ceaba a nosa autora.  Primeiro, Rimbaud servido da man de Léo Ferré, un clásico da música francesa e despois Baudelaire, aderezado con ritmo de  fado portugués.

Para petiscar, pequenas pezas audiovisuais nas que se nos explicaban diferentes aspectos da vida e da obra da autora: a infancia, a experiencia como nai, o labor de tradutora, de editora, a súa relación con outras disciplinas artísticas…

Como a zaragallada da empanada do día da festa, os poemas de Xela Arias están cheos de referencias literarias, dende Bukowski  a Gil de Biedma pasando por Rosalía de Castro ou a mitoloxía clásica e popular. Comprobamos con sorpresa que os nosos alumnos coñecen algunhas desas referencias ás que chegan por vías pouco frecuentadas por  nós, como pode ser o rap.

A música que non pode faltar nunha festa veu da man da propia Xela e as referencias constantes nos seus poemas. Así, gozamos co jazz de Chick Corea, seguimos co blues de Sés, pasando polo rock de Loquillo versionando a Gil de Biedma para rematar coa música sensitiva de Secho.

E como sobremesa, acabamos como empezamos,  á francesa,  así que “un dernier pour la route”, un último grolo para o camiño. Dúas pingas:

 – unha de Unamuno: “Todo individuo que no vive poética o religiosamente es tonto”

 – outra de Xela Arias: “Toda poesía é un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada”.

Departamentos de Linguas

Procedemento de reclamación de notas e promoción

Publicada en 1 de junio de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

(Preme sobre a imaxe para acceder a toda a documentación)

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • …
  • 27
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR