logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Coñece o noso centro.
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • Día do Seminario.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: 3º ESO

Traballando dende a casa

Publicada en 22 de abril de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Parece que o traballo dende a casa non ten tanta repercusión pública coma o realizado na aula, pero é igualmente un traballo moi valioso. Por esta razón, nos próximos días iremos deixando aquí algunha mostra do moito e moi bo traballo que está a realizar o noso alumnado neste tempo de confinamento.

Comezamos hoxe cunha das actividades do departamento de Educación Plástica e Visual:

O tangram é un xogo de orixe chinés chamado Chi Chiao Pan, que significa “táboa da sabedoría”. É un xogo que estimula a creatividade a partir da construción de infinidade de figuras.

O alumnado de 3º da ESO viña de traballar as formas e as súas cualidades expresivas. Este exercicio permitiulles crear a partir de sete figuras xeométricas simples.

Cada alumno elaborou o seu propio tangram na casa, realizando cada unha das sete figuras e creando figuras con elas no seu bloc de EPV. 

Josué Fernández

 

Os nenos da varíola

Publicada en 1 de marzo de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este venres os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO asistimos á estrea de Os nenos da varíola, a adaptación teatral da novela do mesmo nome de María Solar. Para os de 3º a historia era ben coñecida xa que leran a novela na 1ª avaliación. Nela pártese dun feito real e sorprendentemente descoñecido: a Real Expedición Filantrópica da Vacina de 1803. Foi a primeira, e polo momento a única vez, que os humanos acabaron cunha enfermidade mediante o uso dunha vacina. De todos os implicados nela, só o seu director, o doutor Balmis, recibiu en vida os honores e o recoñecemento merecidos. Con esta obra recupérase a memoria tamén daqueles nenos dos hospicios da Coruña e Santiago e da súa reitora, Isabel Zendal, considerada hoxe a primeira enfermeira en misión internacional pola OMS.

Begoña Campaña

Sementando dende o interior…

Publicada en 17 de enero de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este xoves os alumnos de 1º, 2º e  3º da ESO saímos do centro para vivir un día diferente.

Dirixímonos a Curtis para, da man do sacerdote D. Víctor Blanco, coñecer unha inicativa de Igrexa adicada aos máis alonxados desta. Con claro espíritu misioneiro, atopámonos cunha casa do máis acolledora, todo un fogar,  que ademais D. Víctor dixo repetidas veces, ata o punto de crelo, que era a nosa casa. Contounos que era froito dun soño que tardou en poder materializarse pero que ás veces fai falla tempo e é necesaria a actitude de non conformarse. Na súa reconstrución houbo grandes e pequenas achegas, tanto económicas como de traballo. Cada recuncho  foi coidado con todo detalle, feito con cariño e sentido. Impresionounos! Tivemos tempo para preguntar e comentar. Por que esa cuncha con sangue na parede?, que escaleira máis curiosa, parece de Harry Potter!, unha lámpada que sobe e baixa, niños de todo tipo de paxaros e insectos…

Tras isto, e cunha rapaza, Bibi, fixemos unha actividade para coñecernos mellor a nós mesmos e aos demais compañeiros. Escribimos os nosos soños e analizamos que fortes e apoios tiñamos para conseguilos. Seguramente teñamos que facelo máis veces ao longo da nosa vida para redireccionala ou porque descubrimos que somos capaces de moitas máis cousas das que pensabamos. Que bo sería!

Despois de cantar un chisco, pasamos ao oratorio, que ademais é a habitación de D. Víctor. Rezamos, ofrecemos os noso soños ao Señor e compartimos un momento de silencio xuntos.

Tras comer de bocata, cantar e rir, descansar un pouco, gastar bromas…dirixímonos a coñecer a dimensión social de “A Raíña”, unha asociación que desenvolve un proxecto agrario compartindo a vida con persoas con dificultade para atopar traballo, presos do cárcere de Teixeiro, inmigrantes, extoxicómanos… Preparáronnos un obradoiro do máis divertido onde labramos a terra e sementamos e regamos un pedaciño que pronto dará leitugas e espinacas. Moitas grazas polo tempo compartido.

Redacción colaborativa  de María Bandín cos alumnos de 2º ESO.

Comedor Escolar.

« ‹ de 6 › »

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR