logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2024-2025
    • Contacto
  • Secretaría
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais.
    • Libros de texto. Curso 2024-2025
    • Material escolar curso 2024/25.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Entrega de notas e atención ás familias.
    • Calendario Fin de Curso.
    • Instrucións ABAU.
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
    • Formalización da matrícula
  • Instalacións
  • Actividades
    • Viaxe a Roma 2025
    • XII Semana Cultural 2025.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Outeiro de Belvís.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
  • Pastoral
    • Calendario de actividades Curso 2024-25.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • DOMUND 2024
      • Celebración do DOMUND.
    • Día do Seminario.
    • Día da Igrexa diocesana.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: 3º ESO

Calendario de exames

Publicada en 14 de junio de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Circulares

Faise pública a convocatoria de exames extraordinarios de xuño correspondentes ó curso 2021/2022 para os alumnos de Secundaria e 1º de bacharelato do Colexio Seminario Menor da Asunción:

HORARIO
Hora Lunes, 20 de xuño Martes, 21 de xuño         Lugar
9 – 10’30 Lingua Galega e Lit. Lingua Castelá e Lit. SALÓN

DE

ESTUDIO

10’30 – 10’45 Descanso Descanso
10’45 – 12’15 Matemáticas/Matematicas Aplicadas Xeografía e Historia
12’15 – 13’40 Inglés  Hª da Arte/ Ed. Plástica e V. /

2ª L.E. Francés

4 – 5’30 Latín/Música/ Grego / Bioloxía e Xeoloxía / Relixión Tecnoloxías/ Física e Química
Lémbraselle aos alumnos e ás familias que son días lectivos nos que, independentemente dos exames que deban realizar, os alumnos deben seguir asistindo ao centro no horario habitual.
  • Os alumnos aos que lles poida coincidir algunha materia de exame á mesma hora, deben dirixirse ao seu Titor para buscar unha hora alternativa.
  • ATENCIÓN: Os alumnos beneficiados co cheque do Programa de Gratuidade de Libros deberán entregar no Centro os libros ao remate das clases en xuño.
  • ENTREGA DE NOTAS E ATENCIÓN A PAIS:  Xoves día 23 ás 16,00 Horas
  • CALENDARIO MATRÍCULA: do 23 ao 30 de xuño.

 

Santiago de Compostela, a  6 de xuño de 2022

Sacramentos da Iniciación Cristiana

Publicada en 7 de junio de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O pasado sábado 4 de xuño, véspera de Pentecoste, un grupo formado por 15 alumnos recibiron distintos sacramentos da Iniciación Cristiana.

Todos eles foron confirmados na fe da Igrexa ante o noso arcebispo, D. Julián, e a través do seu ministerio recibiron o sacramento do Bautismo un alumno de 2º BACH e unha alumna de 3º ESO, que manifestaron a súa intención de incorporarse á Igrexa  como fillos de Deus.

Xunto a estes últimos, tamén recibiron por primeira vez a Xesús Sacramentado, participando plenamente na Eucaristía, un alumno de 2º BACH e dous alumnos de 3º ESO.

Unímonos a eles e as súas familias neste momento gozoso e seguimos pedindo insistentemente polo seu crecemento na fe.

No Mes das Letras Galegas

Publicada en 23 de mayo de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

No Mes das Letras Galegas os distintos cursos están a traballar na obra do autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán. Hai varias semanas que os nosos corredores están documentados cunha exposición biográfica e biblográfica, que o noso alumnado irá enriquecendo coas súas achegas.

Os primeiros en facelo foron os alumnos e alumnas de 1º da ESO que, seguindo as numerosas mostras de poesía paisaxística de Florencio Delgado, elaboraron un compendio de léxico da paisaxe natural, titulado “As palabras de Florencio”. Vémolos aquí, orgullosos do traballo feito.

A Florencio Delgado coñéceselle como “O poeta do viño” porque retrata en moitos dos seus poemas todo o mundo que rodea a vendima e o prezado viño da súa Valdeorras natal e das ribeiras do Sil en xeral. É por isto que os rapaces de 2º da ESO están centrados no extenso léxico ligado a este tema, de longa tradición na historia da literatura universal.

O labor de activista cultural que Florencio Delgado Guarriarán desenvolveu no exilio é o tema tratado polo grupo de 4º da ESO. Tralo traballo de investigación sobre a situación sociolingüística, estano a plasmar nunha actividade de “Compara e contrasta”. En dous paneis distintos reflíctese a diferente situación que vivía a lingua e a cultura en lingua galega na posguerra en Galicia e no exilio americano, nomeadamente en México, onde o noso autor se instalou. O alumnado de 4º  vai comparando e contrastando as diferentes situacións: as normas legais contra a nosa lingua ditadas polo franquismo fronte á denuncia ante a UNESCO presentada polos exiliados; da inexistente publicación de obras literarias ou celebración de actos públicos na nosa lingua á frenética actividade cultural en Buenos Aires, La Habana ou Veracruz; das multas por desenvolver determinadas actividades en lingua galega, como as misas, á celebración da primeira misa en galego, aprobada polo cardeal Quiroga Palacios. Historias que teñen que ver coa propia vida do noso centro pero tamén con Florencio Delgado, do que se conta a profunda emoción coa que asistiu á súa primeira misa na lingua propia.

Pola súa banda, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato centraranse nas referencias á literatura universal e galega presentes na poesía do autor, desde Homero á materia artúrica ou ao celtismo, así como as súas traducións de autores franceses e ingleses.  

Begoña Campaña

Comedor escolar.

Residencia.

Formación do profesorado.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
Proxecto: "O encargo dos deuses"
Día de Rosalía de Castro 2024.
  • Atras
  • 1
  • …
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • 27
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR