O curso 2017-2018 toca ao seu fin, se ben é certo que para os alumnos do centro todavía quedan varios anos de estudo por diante. Para os de 2º Bacharelato serán os estudos universitarios e outras ensinanzas superiores; para os de 4º ESO serán os estudos de Bacharelato ou dalgún grao medio. Nambos casos trátase, polo tanto, da fin dunha etapa fundamental na súa formación.
Conscientes de todo isto, no Acto académico de fin de curso quixemos que, ao igual que en cursos pasados, 4º da ESO xogara un papel especial. Deixámosvos, a continuación, un enlace recordando o seu paso polo centro e convidámosvos a estar atentos nos próximos días para ver outras entradas deste acto a través deste medio.