Co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Mª Victoria Moreno, o Seminario Menor acolle unha serie de actividades dirixidas, principalmente, ao alumnado, pero nas que tamén poden participar as familias. Pasamos a sinalalas a continuación.
Exposición sobre a Figura e obra de Mª. Victoria Moreno e de Poesía destructiva, organizada polos Departamentos de E. Plástica e V. e de Lingua e Literatura Galega. Pódese visitar durante toda a semana no Claustro do Cardeal.
Conferencia sobre Mª. Victoria a cargo de D. Xavier Senín, exdirector xeral do Libro da Xunta de Galicia e antigo alumno do noso centro. Será no salón de actos, a partires das 10:00 h. do martes.
Andaina e visita da Exposición sobre fondos de ABANCA e Afundación, na Cidade da Cultura. Dita actividade terá lugar nas horas centrais da mañá do mércores.
O xoves, Día das Letras, algúns dos nosos alumnos participarán xunto a varios centos de escolares na Carreira das Letras organizada na Cidade da Cultura. Será tamén a Xornada das familias de internos, con diversos actos que darán comezo ás 11:00 h. e culminarán coa celebración da Santa Misa e o Xantar de confraternidade.
Por último, o venres 18 de maio despediremos aos alumnos de 2º de Bacharelato. Farémolo coa Celebración Eucarística de acción de grazas na que tódolos alumnos e familias nos xuntaremos a partir das 11:30 h. Tras un breve descanso, o Acto Académico dará comezo ás 12:50 h.
Esperamos a vosa participación!!!!