Archivos de Etiquetas: académico
Festividade de San Tomé de Aquino no Seminario Menor
Como é costume no noso Seminario, en torno a festividade de San Tomé de Aquino, festexaremos o patrón dos estudiantes o vindeiro venres 26 de xaneiro. Non é preciso recordar que están convidadas as familias e os antigos alumnos que podan acudir a este xa emblemático concurso. o horario será o seguinte:
- 10:40 Santa Misa na honra de San Tomé de Aquino.
- 11:30 Recreo e café.
- 12:00 Concurso cultural.
Copiando a seguinte dirección poderás visualizar as imaxes de este día: https://quik.gopro.com/v/W1c6OjdlmP/
Circular para los padres de los alumnos de 4º ESO
Santiago de Compostela, 10 de outubro do 2017
Estimado pai/nai/titor:
O obxecto da presente carta é informalo de que o seu fillo, matriculado no presente curso en 4º ESO, está convidado, coma todos os anos, á viaxe-peregrinación de fin de etapa a Roma.
Coma vén sinalado na axenda escolar, salvo cambios de última hora, dita viaxe terá lugar entre os días 27 de abril e 1 de maio do 2018.
É de todos sabido que o Seminario Menor aposta por unha educación integral que, no eido académico, vai moito máis alá das clases maxistrais que, por outra banda, ocupan a meirande parte do noso tempo. Xunto a elas, intentamos coidar no día a día outro tipo de actividades, igualmente formativas, tales coma as conferencias, visitas a exposicións e culturais, teatro, concertos, andainas e un longo etcétera.
No caso dos alumnos de 4º ESO, a viaxe-peregrinación a Roma supón un momento importante nese proceso formativo que, dende a nosa identidade educativa, intentamos coidar e fomentar. Roma non é só o berce da civilización occidental, senón que significou e segue significando un importante faro dende o punto de vista relixioso, artístico e cultural.
Somos sabedores do esforzo económico que supón esta iniciativa, pero tamén temos a experiencia de que, se empezamos a preparar esta actividade dende agora, a viaxe pode ser practicamente gratis.
Con tal motivo, informámolos que nos vindeiros días os alumnos que queiran participar neste proxecto, comezarán, ao igual que en cursos pasados, a buscar fórmulas para sufragar estes gastos. Terán a oportunidade de vender distintos artículos durante o ano, ademais dos produtos típicos das datas de Nadal.
Animámolos a eles e animámolos a vostedes para facer posible esta iniciativa.
Coma sempre, á súa enteira disposición, reciba un cordial saúdo.