Archivos de Etiquetas: académico
Axudas para material escolar
Instrución sobre a disposición adicional segunda da Orde do 16 de maio de 2017
(Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo).
A disposición adicional segunda da Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación
no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria
obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso
escolar 2017/18 (referida ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo), establece
o seguinte:
“O centro docente poderá adoptar as medidas necesarias para que o alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo poida dispoñer de material específico (adaptado ou elaborado polo
centro), no suposto de que os libros de texto non se axusten ás súas necesidades educativas.
De considerarse procedente, poderanse arbitrar outras medidas de reforzo, seguindo o
procedemento que se determine.”
En consecuencia, infórmase o seguinte:
Naqueles casos nos que os libros de texto non se adapten ás necesidades educativas e non poidan
ser utilizados por este alumnado, o centro pode elaborar ou adaptar materiais específicos que
precise. No suposto de que non conte con recursos necesarios para iso, excepcionalmente, a
consellería poderá reforzar os recursos propios do centro, tendo en conta a dispoñibilidade
orzamentaria, e seguindo os procedementos que, en cada caso, se sinalan:
Centros públicos:
– A xefatura do departamento de orientación do centro debe xustificar a imposibilidade de utilizar os
libros de texto (e por tanto de participar na convocatoria do fondo solidario de libros de texto do
curso 2017-2018) e acordar co profesorado titor e co resto do equipo docente o material que
precisa o alumno/a.
– A relación do material debe estar suficientemente individualizada e referenciada e irá acompañada
da valoración económica do seu custo.
– A solicitude, xunto coa copia do informe psicopedagóxico (no que consten as necesidades
específicas do alumno/a e no que se xustificará a imposibilidade de utilizar os libros de texto do
mesmo curso no que estea matriculado), deberá trasladarse ás correspondentes xefaturas
territoriais por parte da dirección do centro.
– Nas xefaturas territoriais revisaranse e analizaranse os expedientes remitidos polos centros e logo
de informe do equipo de orientación específica e da inspección educativa, darase traslado á
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para a súa valoración.
Centros concertados:
-No caso dos centros privados concertados, o procedemento axustarase ao establecido na
convocatoria que regula o réxime de axudas a centros privados concertados da Comunidade
Autónoma de Galicia para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
que se publica no Diario Oficial de Galicia.
Exames extraordinarios de pendentes
Tal e como ven sinalado na programación académica, o mércores 3 e o xoves 4 de maio terán lugar os exames das materias pendentes que os alumnos podan ter dos cursos anteriores. Malia que, en moitos casos, xa se ven traballando con eles dende fai varios meses, nembargantes, o propio centro marca unhas convocatorias e exames oficiais para tódolos que desexen aprobar ditas materias pendentes. Son as seguintes:
Materia | Día | Hora |
Lengua Castellana y Literatura | Miércoles 3 | 9:50 |
Lengua Gallega y Literatura | Miércoles 3 | 12:50 |
Lengua extranjera I. Inglés | Miércoles 3 | 10:40 |
Lengua Extranjera II. Francés | Jueves 4 | 10:40 |
Latín | Jueves 4 | 12:00 |
Griego | Miércoles 3 | 12:00 |
Matemáticas. Matemáticas aplicadas a las CC. SS. Economía | Miércoles 3 | 13:40 |
Ciencias sociales, Geografía e Historia. Historia del Mundo Contemporáneo. Historia de España. Geografía | Jueves 4 | 10:40 |
Ciencias Naturales. Tecnología. Biología y Geología. | Jueves 4 | 9:50 |
Física y Química. Física. Química. | Jueves 4 | 9:00 |
Música | Jueves 4 | 12:50 |
Religión | Miércoles 3 | 9:00 |
Educación Física | Miércoles 3 | 12:00 |
Filosofía y Ciudadanía. Historia de la Filosofía. Historia del Arte | Jueves 4 | 16:50 |
Educación Plástica y Visual. | Jueves 4 | 9:50 |
Informática | Jueves 4 | 16:00 |