Os alumnos de 1º e 3º da ESO participaron estes dias no programa educativo “Menores nin unha gota” da Fundación
Alcohol y Sociedad, que, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha na súa oferta educativa en Galicia un proxecto piloto que se está a desenvolver en Santiago de Compostela, e que se estenderá ao resto da comunidade nos próximos cursos.
O conxunto de programas que comprende “Menores nin unha Gota” está deseñado para previr o consumo de alcol en menores de idade, mediante intervencións pedagóxicas nas aulas.
Segundo o Ministerio de Sanidade, os menores en España inícianse ao consumo de alcol aos 14 anos, un indicador da situación que tanto preocupa á sociedade e cuxa solución require da implicación de todos. Por iso, e debido ao papel principal que a comunidade educativa ten na educación da nosa mocidade, para a Fundación Alcohol y Sociedad a súa implicación é clave á hora de previr o consumo de alcol en menores eformar cidadáns libres e responsables.
Agradecemos a profesora Medea o cariño e atención que tivo cos nosos alumnos.
Yolanda Gómez