logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Coñece o noso centro.
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • Día do Seminario.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: biblioteca

Día das bibliotecas

Publicada en 25 de octubre de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Moitas veces queremos percorrer moitos quilómetros para buscar sensacións novas que nos fagan sentirnos especiais: visitar espazos naturais espectaculares, vivir uns días nunha cultura distinta á nosa, descubrir persoas que atoparon a felicidade de diferentes xeitos. Este soño está ao alcance de moi poucos. As tarefas da vida diaria enchen as horas da nosa existencia e parece que non nos chega o tempo para nada. Quizais poida haber un xeito no que podamos acercarnos a estas nosas ideas e sen moverse moito.

A biblioteca do noso Seminario é unha ventá aberta á lectura, tanto no Centro coma na casa; é un espazo onde podemos avanzar na adquisición do coñecemento das distintas áreas que compoñen o curriculum escolar; é tamén un lugar para descubrir novas metas xa que nos levan a abrir a mente e xerar novas ideas.

No día en que celebramos o “Día das Bibliotecas”, invítovos a usar a Biblioteca do Seminario. Gracias ao traballo de moitos, a día de hoxe, temos catalogados 23.634 títulos, e aínda quedan libros por fichar. O ano pasado, acadouse a cifra de 84 préstamos o que supuxo que case cada alumno pediu dous libros para ler. As consultas na propia biblioteca foron moitas mais.

O bibliotecario indio Ranganathan deixou escrito: “Os libros están para usarse. A cada lector o seu libro. A cada libro o seu lector”. Anímovos a ler, non so o que vos manden os profesores. Mergulládevos na biblioteca para ter sensacións novas que nos fagan sentirnos especiais.

M. Jesús Formoso

Día da Biblioteca. Estreamos buscador!!!

Publicada en 26 de octubre de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O pasado 24 de outubro celebrabamos o Día da Biblioteca. Ao coincidir en sábado, e nas circunstancias especiais deste ano, parece que pasou un tanto inadvertido. Non obstante, as bibliotecas non deixan nunca de sorprendernos, sobre todo se nos asomamos ao seu interior.

Con tal motivo queremos compartir un novo recurso aberto a todos. Trátase da publicación do noso buscador de libros, de tal xeito que cada un poderá consultar dende a súa casa os libros dos que dispón o centro. Podes consultalo premendo aquí mesmo ou dende a web do Seminario Menor.

A Biblioteca do Seminario está composta por varias salas e corredores distribuídos ao longo do edificio, e conta con preto de 30.000 volumes clasificados en distintas materias. Entre elas poderemos atopar as seccións de Lingua e Literatura (subdividida en Clásicas, Castelán, Galego, Inglés, Italiano, Francés, Alemán e Portugués), Ciencias Naturais, Filosofía, Relixión, Monografías, Ciencias Sociais, Biografías, Música, Santiago, Ciencias da Educación, Fondo Antigo, etc.

Ao longo dos últimos cinco anos, a Biblioteca do Seminario multiplicouse por tres grazas á doazón de varios sacerdotes e institucións que quixeron que os seus fondos estivesen á disposición do noso alumnado. Tamén grazas ao inxente traballo do bibliotecario e numerosos profesores (titulares e en prácticas), está moi avanzado o novo sistema de fichaxe das obras que permite xa a consulta en liña do noso inventario.

Wanted!!!!

Publicada en 28 de enero de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Concurso Búscase xente lendo. Parodiando os carteis das películas do oeste, buscamos ao alumno máis lector, nun momento en que hai certa reticencia entre os rapaces a dicir publicamente que len.  Farémolo mediante unha especie de “pasaporte lector” que se irá selando con cada novo libro lido. Seguindo coa parodia, recompensarase: os dous alumnos que máis selos acaden recibirán premios ao final do curso: dous vales para canxear en Media Mark. 

Ademais, quen participe non só optará ao premio material, todas as lecturas serán avaliadas positivamente. Todo son vantaxes, é cuestión de buscar os libros que máis che gusten. Consulta as bases e participa!  Veña, que os pasaportes comezan a encherse!

Begoña Campaña

Comedor Escolar.

« ‹ de 6 › »

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • 1
  • 2
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR