O vindeiro sábado, 13 de xaneiro, teremos unha nova etapa do noso particular peregrinaxe a Santiago. O igual que en pasadas edicións, verémonos ás 8:00 h. No Seminario Menor para coller o autobús que nos desprazará ata Xunqueira de Ambía. Alí poremos rumbo cara a cidade de Ourense, onde comeremos e celebraremos a Eucaristía. Será un día sen presas, no que haberá tempo para visitar a cidade e darse un baño nas burgas (polo que toca levar o traxe de baño e mailo gorro). Voltaremos a Santiago sobre as 21:00 h.
Ao ser unha xornada especial, invitamos a participar tamén a aqueles que este ano non nos puideron acompañar ou a sumarse simplemente á xornada unha vez que cheguemos a Ourense.
Para inscribirse non te esquezas de enviar un correo a santiromero@smasuncion.es