Despois dunha intensa Semana Cultural, retomamos o noso día a día, tanto a nivel académico como ao que a outras actividades se refire. Tal é o caso do noso Camiño de Santiago.
Este sábado faremos o tramo comprendido entre A Roxica e o mosteiro de Sobrado dos Monxes, xa no nosa diocese. No plan inicial estaba prevista a visita ao interior do propio mosteiro, actualmente en obras, pero, lamentablemente, non será posible por atoparse pechada ata o día 1 de abril tanto a hospedería coma o albergue. Nembargantes, si que haberá tempo para a visita exterior e a celebración da Santa Misa na igrexa parroquial.
Sairemos ás 8:00 horas do Seminario Menor e, coma noutras ocasións, é necesario anotarse previamente polos medios habituais. Bo camiño… Ultreia et suseia!!!