logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: conferencias

“Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín”

Publicada en 9 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

No cadro das actividades que vimos organizando os departamentos didácticos arredor do día de Rosalía, que celebramos propiamente o 23 de febreiro, enmárcase a visita que nos fixo este luns a profesora, escritora e académica María López Sández. Veu falarnos de poesía e de plantas, de flores e versos, de como a paisaxe e o medio nutren a obra literaria, para contarnos como naceu o proxecto de elaborar un herbario coas plantas e flores que medran entre as páxinas das novelas e os poemarios de Rosalía. 

A idea arrincou no ano 2019 coa recollida de tódolos nomes de árbores e plantas que se atopan na obra rosaliana. Con esa información na man e coa axuda de María Isabel Fraga, profesora de botánica na Facultade de Bioloxía da USC, comezou a preparación do herbario físico propiamente dito, percorrendo os espazos naturais nos que viviu e escribiu Rosalía para recoller, seguindo o ciclo das estacións, plantas, flores, follas, herbas e herbiñas pola beira dos ríos, polas corredoiras, polos prados e polos cemiterios. 

Froito deste traballo, publicado posteriormente en formato de libro, foron 150 pregos organizados en cinco bloques temáticos (rosas; herbiñas do campo florido; herbiñas do camposanto; árbores e outras flores; plantas e especies comestibles), acompañados de explicacións e alusións aos libros da nosa escritora, que se expuxeron no Real Jardín Botánico de Madrid no mes de marzo de 2022. A mostra está agora no edificio do Vello Cárcere de Lugo, onde aínda se pode visitar ata o 14 de marzo.

Aproveitamos tamén para preguntarlle á profesora López Sández polo proceso de creación e escritura dun libro. Ela, dende a súa faceta de escritora, insistiu na importancia do medio no que vive o autor e das súas experiencias persoais como motor do proceso creativo. De paso, e a modo de exemplo, descubriunos o xerme inicial do que acabou sendo a súa novela O faro escuro.

Foi unha boa ocasión para entender e valorar a importancia do traballo colaborativo, neste caso da literatura e da botánica, rexido, en definitiva, polo mesmo espírito que inspira o noso sistema de aprendizaxe por proxectos. E foi tamén unha excelente ocasión para reivindicar a figura de Rosalía de Castro, escritora e muller humilde do XIX, que dende os seus versos sinalou e denunciou tantas inxustizas;  daquela pouco máis podía facer. Agora, cando os tempos son ben distintos, tócanos a nós, co seu exemplo, facer que as cousas sexan diferentes.

J. M. López Regueiro

Festexando ao noso Copatrón

Publicada en 5 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Fai xa dez anos, alá polo 2013, que para honrar ao copatrón do Seminario Menor quixemos dar paso ao inicio dunha Semana Cultural no noso Centro. Certamente, observaredes que a titular, e quen da nome á nosa institución, é Nosa Señora, a Nai de Deus, a quen invocamos contemplándoa na súa Asunción aos ceos. Pero tamén é certo, que non se nos escapa que a construción deste edificio que nos acolle iniciou a súa andadura un 1 de marzo do ano 1953, festa de San Rosendo. Non era casualidade; recollíase así o desexo do Cardeal Quiroga Palacios, o noso fundador, de encomendar esta institución ao coidado dun dos grandes santos da Galicia medieval.

Para refrescar a memoria, digamos que San Rosendo, nado en Santo Tirso (no norte do actual Portugal) no ano 907 no seo dunha familia nobre, foi un dos grandes persoeiros da nosa terra. Coma a el lle gustaba repetir, era un simple monxe por vocación, mais tamén chegaría a ser bispo por obediencia. Efectivamente, compaxinou a súa vida monacal en Portomarín e no mosteiro de Celanova (fundado directamente por el) coa atención das dioceses do que hoxe son Mondoñedo e Santiago de Compostela. A súa figura pasou a ser un referente da época tanto no plano político (pois chegaría a ser virrei de Galicia) coma relixioso (xa que numerosos mosteiros da propia Ribeira Sacra tomarán a súa entrega a Cristo como modelo a imitar). Non nos debe estrañar pois que o seu legado chegue ata os nosos días.

Dende o Seminario unímonos a este celebración e damos grazas a Deus pola súa vida. Fixémolo a comunidade de seminaristas coas Primeiras Vésperas Solemnes, na tardiña do xoves, e toda a comunidade escolar, cos distintos actos do venres. Tras unha fermosa conferencia de Dª. Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, celebramos a Eucaristía presidida polo Sr. Arcebispo e concelebrada, entre outros, polo Sr. Bispo Auxiliar. A xornada rematou cun xantar de confraternidade.

Pinchando sobre a imaxe poderás ver distintos momentos da xornada.

Inaugurada unha nova edición da Semana Cultural de Belvís

Publicada en 27 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O Seminario Menor da Asunción ven de inaugurar a súa Semana Cultural, un encontro xa consolidado que chega á súa décima edición.

A temática deste ano xira en torno á Ribeira Sacra, unha realidade que veñen traballando de xeito interdisciplinar nos cursos da ESO, dentro da metodoloxía Trilema que caracteriza a este centro da Rede Escolas que Aprenden, e que recentemente se está a implantar na nosa comunidade autónoma.

Para o arranque desta semana, entre diversas actividades, contaron coa presenza de D. Xosé Gago, Arqueólogo e Xestor Cultural do Concello da Pobra do Brollón, que disertou cunha interesante conferencia titulada Ribeira Sacra, un mundo por descubrir. Tamén houbo tempo para asomarse ás exposicións preparadas no propio Centro e para a competición dos distintos cursos por medio do Kahoot

Ao longo dos próximos días seguirán mergullándose no que é unha das xoias do noso patrimonio e farán o posible por dalo a coñecer ás familias na súa próxima Celebración da Aprendizaxe.

De feito, este martes pensan visitar este lugar tan emblemático, coñecendo o románico de Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi, percorrendo a pé os Codos e o Embalse de Belesar, asomándose ó Cabo do Mundo dende a adega de Abadía da Coba ou perdéndose polas rúas do conxunto monumental de Monforte de Lemos.

X Semana Cultural na honra de San Rosendo

Publicada en 25 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Luns 27 de febreiro:

  • 11:00 h. Inauguración da X Semana Cultural de San Rosendo:
    • Conferencia inaugural: Ribeira Sacra, un mundo por descubrir. D. Xosé Gago, Arqueólogo e Xestor Cultural do Concello da Pobra do Brollón.
    • Apertura e visita das exposicións:
      • Unha ollada ao pasado da diocese compostelá. Fondo fotográfico do Profesor Salvador Ares Espada.
      • Unha ollada á Ribeira Sacra dende o Seminario Menor.
  • 16:00 h. Kahoot da Ribeira Sacra.

Martes 28 de febreiro:

  • 9:00 h. Saída Cultural á Ribeira Sacra: (Regreso ás 20:00 h.)

Mércores 1 de marzo:

  • 12:00 h. Coloquio deportivo có atleta e olímpico Frank Casañas
  • 13:00 h. Competicións deportivas

Xoves 2 de marzo:

  • 16:00 h. Celebración da Aprendizaxe coas familias
  • 20:00 h. I Vésperas Solemnes de San Rosendo

Venres 3 de marzo:

  • 11:00 h. Acto Académico
    • Conferencia: Ribeira Sacra: historia, arte e proxección de futuro. Dª. Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
    • Recapitulación e palabras do Sr. Reitor.
  • 12:00 h. Santa Misa na honra de San Rosendo. Preside o Sr. Arcebispo D. Julián Barrio Barrio

Cambio climático: mitos, lendas e ciencia

Publicada en 21 de noviembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Hoxe tivemos a primeira dás cinco charlas temáticas do programa A Ponte que foron concedidas ao noso centro. Nesta actividade o profesorado dá USC imparte charlas sobre contidos do seu ámbito docente achegando así a Universidade ós alumnos de Bacharelato e ESO.

O profesor de Física Aplicada da USC, o Dr. José A. Rodríguez Añón , coordinador do Máster (MERYCSE)  e  do grupo de Investigación NaFoMat, falounos de “Cambio climático. Mitos, lendas e ciencia”.

Vivimos un momento de crisis ecolóxica  no que é necesario actuar de xeito urxente a nivel persoal e institucional. O cambio climático é unha realidade que vai aumentando e que trae asociadas consecuencias mortais para o planeta:  plagas, pandemias, escasez de auga, especies que desaparecen, ondas de calor e de frío, furacáns, aumento de  patóxenos. Xa se detectaron brotes de cólera nas costas de Burela. Problemas de hambruna, maior mortalidade por enfermidades asociadas á contaminación.

Según o estudo “Climate change 2022 summary for policymakers” periga a vida de cinco mil millóns de persoas.

Dialogamos de que, en certo modo, somos un desastre xa que entendemos a magnitude do problema pero non somos conscientes de que hai que actuar, cambiando o noso estilo de vida, e a nosa forma de pensar. Aínda estamos a tempo.

Yolanda Gómez

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter