logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: conferencias

Barreiro Rivas e Jorge Mira no noso Seminario

Publicada en 24 de febrero de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Barreiro RivasEste luns dabamos comezo á III Semana Cultural do Seminario Menor, con ocasión do aniversario da colocación da primeira pedra e da festa de San Rosendo.

Para os actos inaugurais contamos coa presenza do profesor Xosé Luis Barreiro Rivas, toda unha autoridade no campo da vida social, cultural e política de Galicia. Entre outras cousas, foi vicepresidente da Xunta de Galicia, tanto no goberno de Fernández Albor coma no de González Laxe. É columnista e analista político habitual no periódico La Voz de Galicia, dentro do cal recibiu fai pouco o prestixioso premio Fernández Latorre. Precisamente na entrega deste recoñecemento agradecía profundamente o que o Seminario Menor significou na súa formación e recordaba con agarimo ós anos da súa vida que percorreron nestes pasillos.

A súa conferencia versou, neste senso, sobre o que demandan ós seminarios de cara á formación dos candidatos ao sacerdocio e dos mozos en xeral, dende a súa fundación no Concilio de Trento. Fixo, polo tanto, un percorrido moi amplo dende o século XVI ata o que o Seminario Menor supuxo no seu proceso formativo e no de outros mozos que pasaron polas súas aulas e agora son grandes persoeiros na vida cultural de Galicia.

Trala conferencia, a visita e inauguración de novas exposicións acaparou a atención de tódolos presentes. A exposición fotográfica deste ano dedicouse á Música e o Seminario Menor, e pódese seguir na portería da propia institución. A segunda delas, Remexendo nas verbas, busca sacar á luz a riqueza dos fondos documentais da Biblioteca do centro.

Xa pola tarde, seguimos Botando á vista atrás, a moi atrás; neste caso ata á orixe do propio universo, cunha conferencia do profesor Jorge Mira, que nos fixo, de forma moi amena, unha completa exposición polos avances da ciencia en torno a este tema, aos seus procedementos e ás súas conclusións.

Jorge Mira¿Cómo pode ser todo isto compatible co que nos vivimos pola fe? A resposta é sinxela: ciencia e fe non traballan nun mesmo campo. Hai determinadas cuestións que, por moito que avance, a ciencia nunca poderán responder. O testemuño de Jorge Mira é un claro exemplo deste camiñar da man; el mesmo nos recordou que, a pesares de ser un gran coñecido no mundo da Física, é tamén catequista na súa parroquia dende fai 32 anos, algo que leva con moito orgullo.

Un bo comezo, sen dúbida, para esta primeira xornada desta Semana Cultural. Renovamos, polo tanto, dende aquí, a nosa invitación a facervos parte do que, ao longo deste días, estamos a vivir no noso (e voso) Seminario Menor.

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter