O mércores pasado o alumnado de 1° e 2° de BACH tivo a oportunidade de participar nunha charla con Michael Künstler, autor do libro “Nunca sabes a donde te lleva la vida” e a súa muller Susana.
Nesta presentación, compartiu con nós a súa experiencia de vida, na cal tivo que loitar para seguir adiante e conseguir a ledicia. Dende o seu nacemento en Alemaña pasou por varias fases, dende estudante de medicina ata xastre en Holanda, loitando contra problemas de saúde, un cancro e varios ictus… Formou parte da lexión estranxeira francesa e acabou sendo un sen teito polas rúas de España. Esta realidade permitiu darnos de conta do que lle pode pasar a calquera e que todo acto ten consecuencia nunha vida.
O encontro foi corto e quedaron moitas preguntas sen responder pero aínda así, foi un encontro enriquecedor para todos. Falando dos prexuízos, da compaixón, dos problemas que poden causar as drogas e a soidade.
Damos as grazas a Michael por falar coas súas propias palabras en castelán e a súa enerxía positiva, así como por dar testemuña da súa experiencia vital.
Julie Escavi