Quizáis esteamos a falar dun título moi ambicioso. Por una banda, a educación á que nos referimos é somentes aquela de tipo académico; e a orixe debería máis ben de ser sustituída polas últimas etapas. En todo caso, o certo é que os alumnos de 1º e 2º da ESO do noso Seminario tiveron este mércores a oportunidade de adentrarse neste tema percorrendo as diversas salas que compoñen o Museo Pedagóxico de Galicia.
Acompañados por D. Manuel Mata, Dª. Yolanda e Dª. Begoña, coñeceron de primeira man como foi evolucionando a educación na escola ao longo do século XX. Dende as escolas unitarias que todavía perviven nalgúns lugares da nosa terra, á escola actual, pasando polos anos da República ou da Posguerra, coas distintas leis de educación, os xogos tradicionais e os máis modernos, o material escolar, etc.
Na galería de imaxes poderás atopar diversas instantáneas desta visita.