Archivos de Etiquetas: cultura
Festival de Nadal
O primeiro trimestre chegou ao seu fin; e fíxoo co tradicional festival de Nadal. Trala celebración da Santa Misa, deu comezo o concurso de panxoliñas que enfronta tódolos anos aos distintos cursos do Seminario. Resultou gañador 3º da ESO cunha adaptación navideña dunha famosa canción de Melendi que prepararon con D. Daniel. Merece tamén unha especial mención 1º da ESO pola orixinalidade da panxoliña preparada con D. Andros.
Houbo tamén ocasión de recoñecer o esforzo de tódolos cursos na preparación dos murais de Nadal, resultando premiado 2º de Bacharelato co Calendario de Advento preparado con D. José Luis. Tiveron o detalle de doar a súa cesta para Cáritas.
O corpo central do festival estaba formado pola obra de teatro que un grupo de alumnos, profesores e persoal da casa levan preparando dende fai varios meses. Trátase dunha obra de Jardiel Poncela estreada en Madrid en 1945 e onde nada parece ser o que en realidade é: Los ladrones somos gente honrada. Baixo a dirección de Dona Yolanda, resultaron premiados como mellores actores Antonio Becerra (4º da ESO) e D. Alberto Fraile.
Podes botar unha ollada as fotos que atoparás na galería.
II Concurso de Murais
O ano pasado resultou de gran éxito o concurso de murais no que os distintos cursos poñían a proba os seus recursos.
Este curso non podía ser menos e, por iso, a pesares das complicacións das fechas dos exámenes, houbo tempo para contribuir á ambientación navideña do Seminario dentro das propias aulas. Coordinando estes proxectos, pero facendo protagonistas aos alumnos, estiveron os seguintes profesores:
– 2º da ESO: D. Jesús
– 3º da ESO: D. Xan
– 4º da ESO: D. Gustavo
– 1º de Bach.: Dª. María
– 2º de Bach.: D. José Luis
En breve saberemos quen é o gañador desta edición. Vai formando ti a túa opinión na sección de fotos.