logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: inauguración

Xa estamos en marcha!!

Publicada en 16 de septiembre de 2017 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Ao igual que tódolos centros escolares de secundaria, a pasado 15 de setembro arrancaba o novo Curso escolar 2017-2018.

A coincidencia de que esta data fora un venres, levounos a variar un pouco o horario con respecto a outros anos, o que favoreceu a participación dun número considerable de familias nos distintos actos da mañá; de xeito especial no Acto académico, na Santa Misa e na Reunión de familias.

Tras reunirse na primeira hora cós seus respectivos coordinadores de curso, os alumnos participaron na lección inaugural, sobre a figura do poeta e dramaturgo José Zorrilla, no segundo centenario do seu nacemento, a cargo do profesor López Regueiro.

A celebración da Santa Misa supuxo o momento central da xornada e serviu para enmarcar o itinerario do novo curso. Ao igual que os discípulos de Emaús, estamos chamados a deixar o noso camiño de apetencias e desánimos e a deixarnos acompañar e guiar cara novos horizontes. Sen dúbida algunha, coma varias veces se remarcou, só acadaremos este obxetivo se alumnos, familia e escola camiñamos xuntos baixo o amparo do Resucitado.

Feliz Curso escolar 2017-2018!

Programa da Semana Cultural

Publicada en 2 de marzo de 2017 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Iniciando un novo curso

Publicada en 15 de septiembre de 2016 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

thumbnail_img_3956Parece que a data mais significativa ao comezar un novo ano é o 1 de xaneiro. Puidera selo, non digo eu que non. Mais son dos que defende que, na práctica, o que supón un auténtico inicio de ano (con todo o que isto supón… de nova etapa, novos plantexamentos, ilusións renovadas, etc.) é o comezo dun curso escolar. Para todos, esteamos vinculados ao mundo da educación ou non, o mes de setembro supón un punto de inflexión nas nosas vidas.

Con isto en mente, o Seminario Menor da Asunción, o noso Seminario Menor, inauguraba este xoves o curso 2016-2017. Facíao da man do noso Bispo Auxiliar, que presidiu a Celebración eucarística e dirixiu cordialmente unha profunda exhortación a perseverar na fidelidade ao estudo igual que María, Virxe das Dores, permaneceu fiel ao pe da Cruz. Foi tamén a oportunidade para que os nosos alumnos o felicitaran persoalmente no día do seu aniversario.

thumbnail_img_3959A Eucaristía dou paso, pouco despois, ao Acto académico, no cal o Sr. Reitor dirixía oficialmente as primeiras palabras a toda a comunidade educativa. No transcurso do mesmo, tivo lugar a lección inaugural a cargo do Prof. Fuentes González que, baixo o título Conmemorar, fixo un percorrido polo que supuxo a I Guerra Mundial e a Revolución Rusa en relación ás aparicións de Nosa Señora en Fátima, ao cumprirse o centenario de tales acontecementos.

Desexamos, dende aquí, un bo inicio de curso a toda a comunidade educativa, recordamos aos pais a reunión deste venres 16 ás 16:00 h. e invitamos a tódolos que o desexen a coñecer en calquera momento esta realidade ao servizo da nosa archidiocese, que é o Seminario Menor.

Inicio do novo Curso Académico

Publicada en 16 de septiembre de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este martes, día 15 de setembro, tiña lugar a apertura oficial do curso académico 2015-2016 no Seminario Menor da Asunción. Xa na tarde anterior, os alumnos internos, aos que propiamente chamamos seminaristas menores, incorporábanse a esta a que será a súa casa nos vindeiros meses.

Tras un primer contacto coas aulas e os profesores, dabamos comezo ao acto central do día: a Santa Misa de invocación ao Espírito Santo, na que o Señor Reitor nos invitaba a todos a poñer os talentos que cada un ten nas máns do noso Deus.

No transcurso do Acto Académico houbo un recordo agarimoso ao Profesor Xan Campaña, mestre de tantas xeracións de alumnos, finado nos últimos meses. Tampouco puidemos pasar por alto aos Profesores Manuel Iglesias e Emilio Lojo que, aínda xubilados da docencia dende facía varios anos, tamen dedicaron a súa vida a este Seminario.

A lección inaugural, a cargo do Profesor García Mata, versou sobre a maxistral obra El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, ao cumplirse o IV centenario da publicación da segunda parte, dando paso, deste xeito, as palabras concluíntes do Señor Reitor polas que, no nome do Señor Arcebispo, declaraba inaugurado oficialmente o Curso 2015-2016.

Barreiro Rivas e Jorge Mira no noso Seminario

Publicada en 24 de febrero de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Barreiro RivasEste luns dabamos comezo á III Semana Cultural do Seminario Menor, con ocasión do aniversario da colocación da primeira pedra e da festa de San Rosendo.

Para os actos inaugurais contamos coa presenza do profesor Xosé Luis Barreiro Rivas, toda unha autoridade no campo da vida social, cultural e política de Galicia. Entre outras cousas, foi vicepresidente da Xunta de Galicia, tanto no goberno de Fernández Albor coma no de González Laxe. É columnista e analista político habitual no periódico La Voz de Galicia, dentro do cal recibiu fai pouco o prestixioso premio Fernández Latorre. Precisamente na entrega deste recoñecemento agradecía profundamente o que o Seminario Menor significou na súa formación e recordaba con agarimo ós anos da súa vida que percorreron nestes pasillos.

A súa conferencia versou, neste senso, sobre o que demandan ós seminarios de cara á formación dos candidatos ao sacerdocio e dos mozos en xeral, dende a súa fundación no Concilio de Trento. Fixo, polo tanto, un percorrido moi amplo dende o século XVI ata o que o Seminario Menor supuxo no seu proceso formativo e no de outros mozos que pasaron polas súas aulas e agora son grandes persoeiros na vida cultural de Galicia.

Trala conferencia, a visita e inauguración de novas exposicións acaparou a atención de tódolos presentes. A exposición fotográfica deste ano dedicouse á Música e o Seminario Menor, e pódese seguir na portería da propia institución. A segunda delas, Remexendo nas verbas, busca sacar á luz a riqueza dos fondos documentais da Biblioteca do centro.

Xa pola tarde, seguimos Botando á vista atrás, a moi atrás; neste caso ata á orixe do propio universo, cunha conferencia do profesor Jorge Mira, que nos fixo, de forma moi amena, unha completa exposición polos avances da ciencia en torno a este tema, aos seus procedementos e ás súas conclusións.

Jorge Mira¿Cómo pode ser todo isto compatible co que nos vivimos pola fe? A resposta é sinxela: ciencia e fe non traballan nun mesmo campo. Hai determinadas cuestións que, por moito que avance, a ciencia nunca poderán responder. O testemuño de Jorge Mira é un claro exemplo deste camiñar da man; el mesmo nos recordou que, a pesares de ser un gran coñecido no mundo da Física, é tamén catequista na súa parroquia dende fai 32 anos, algo que leva con moito orgullo.

Un bo comezo, sen dúbida, para esta primeira xornada desta Semana Cultural. Renovamos, polo tanto, dende aquí, a nosa invitación a facervos parte do que, ao longo deste días, estamos a vivir no noso (e voso) Seminario Menor.

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter

Follow
Seminario Menor
@smasuncion
  • Proxecto sobre Economía Circular - https://t.co/BZRHCKqqZb https://t.co/yUF5S7bk9N 10:36AM - 10 Oct 2022
  • Unha volta pola contorna - https://t.co/owqno0iSEV https://t.co/ALLx6IFJpB 09:50PM - 4 Oct 2022
  • Celebramos o Día Europeo das Linguas - https://t.co/LNewzWZcfk https://t.co/0LjKrWHPDo 08:32PM - 27 Sep 2022

En Facebook

Seminario Menor de la Asunción

13 hours ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

3 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

7 days ago

Seminario Menor de la Asunción
www.smasuncion.es/exposicion-fotografica/ ... See MoreSee Less

Exposición fotográfica

www.smasuncion.es

No contexto da Semana Cultural, dabamos apertura a unha interesante exposición fotográfica sobre persoas, costumes, lugares e obxetos que conforman as parroquias da nosa diocese compostelá. Foi ela
View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

7 days ago

Seminario Menor de la Asunción
Exposición fotográfica no Seminario Menor ... See MoreSee Less

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

1 week ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

En Instagram

Síguenos en Instagram

Etiquetas

1º BACH 1º ESO 2º BACH 2º ESO 3º ESO 4º ESO académico alumnos ano santo compostelán arte ayuda camino de santiago caridad ciencias conferencias cultura curso 2013-14 curso 2014-15 curso 2015-16 curso 2016-17 curso 2017-18 curso 2019-20 curso 2020-21 deportes diócesis escola de pais exposición extraescolar festival inauguración juventud letras libros navidad obispo oración padres peregrinación profesores semana cultural semda seminario teatro trilema vocaciones

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

Categorías

  • Circulares
  • Noticias
  • Atras
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • Siguente

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR