
Carta de D. Julián al Seminario

O pasado xoves, poucos días despois da súa consagración, o Seminario Menor tivo a sorte de poder acoller a visita de D. Jesús, o novo bispo auxiliar.
No salón de actos atopouse primeiro cos alumnos dos distintos cursos, que lle presentaron brevemente a historia desta institución e lle fixeron diversas preguntas sobre a súa vida e o seu ministerio. De seguido desprazouse ata a sala de avaliacións para estar en privado co equipo de profesores e formadores.
Acompañado polo señor reitor, visitou as diversas capelas, biblioteca, zona de habitacións, museos, etc. O momento central da xornada estivo na celebración da Eucaristía con tódolos seminaristas internos, aos que despois saudou persoalmente no comedor. Renovámoslle a nosa invitación a que sinta esta casa como súa e se faga presente nela cantas veces queira.
Con motivo de la ordenación episcopal de D. Jesús como obispo auxiliar de Santiago, han sido varios los obispos que se han desplazado hasta nuestras tierras en estos días. Algunos son para nosotros caras conocidas, como los obispos de las diócesis gallegas o el de Valladolid, D. Ricardo Blázquez, actual vicepresidente de la Conferencia Episcopal Española y en otro tiempo obispo auxiliar de Santiago.
Es por ello, que en la mañana del domingo pudimos celebrar la Eucaristía en el Carmelo de Santiago con el Nuncio de Su Santidad en España, Monseñor Renzo Frattini, quien gustosamente saludó a los seminaristas e hizo una foto con ellos. Los más atrevidos no dudaron en decirle que saludara al Papa de nuestra parte y le dijera que esperábamos verle algún día visitando nuestra ciudad.
É de todos sabido a inmensa alegría que supón para todos nós o nomeamento de D. Jesús Fernández coma bispo auxiliar na diocese de Santiago de Compostela.
O Seminario Menor, coma non podía ser menos, late o son dos compases da vida diocesana e tamén se fixo presente en tódolos actos convocados en torno a esta celebración.
Na noite do venres, organizado pola Delegación de Infancia e Xuventude e os Seminarios Maior e Menor, tivo lugar unha vixilia de oración na igrexa conventual de San Francisco. Seguindo a línea do lema episcopal de D. Jesús (Evanxelizar aos pobres), os seminaristas menores tiveron un papel moi especial neste encontro, coma demostran as fotos da galería de imaxes.
O sábado pola mañá, un grupiño de nós sumouse ao coro diocesano que solemnizou a celebración da consagración episcopal, namentres que outros colaboramos na distribución dos libretos e recordatorios. Unha xornada, sen dúbida, da que todos nos acordaremos e unha nova ocasión de experimentar a cercanía dos nosos pastores .