Dentro dos actos de Fin de Curso, os alumnos de 4º ESO fixéronnos a presentación dun proxecto no que viñan traballando en secreto dende algún tempo. Trátase da adaptación dunha posible entrega de notas ao cine mudo, segundo as técnicas dos primeiros pasos cinematográficos.
No transcurso da proxección sucédense as noticias inesperadas, a reacción das familias, a desesperación dos profesores e a picaresca por parte dos alumnos para acadar o título académico sexa como sexa.
O resultado final deixounos a todos abraiados, tanto pola bo facer dos actores coma pola profesionalidade da produción. Invitámosvos a tomarvos uns minutos e visualizala. Tan só tedes que pinchar sobre a imaxe.