Archivos de Etiquetas: teatro
Última oportunidade!! Non a deixes pasar!!!
Tras o éxito alcanzado durante a semana pasada, o Seminario Menor da Asunción disponse a realizar unha nova representación da obra Dez Negriños, de Ágatha Christie.
Responde así a solicitude feita dende SCQ Erasmus para achegar a estudantes doutros países parte da cultura realizada na nosa terra. Nestes momentos xa hai confirmados máis de 100 universitarios, pero aínda quedan prazas a disposición do público ata completar aforo.
Será un pase totalmente gratuito se ben, ao igual que na Representación Solidaria, aportarase coma entrada un quilo de alimentos para axudar desta forma aos colectivos máis desfavorecidos.
Dez Negriños é a obra máis lida de Ágatha Christie, con máis de 100 millóns de copias vendidas. Dez persoas sen relación algunha entre si son reunidas nun misterioso illote da costa inglesa por un tal Sr. Owen. Tras a primeira cea, e sen ter coñecido ao seu anfitrión, os dez comensais son acusados mediante unha gravación de cometer distintos crimes no seu pasado. Un por un serán asasinados sen explicación nin motivo aparente. Soamente unha vella canción infantil parece encerrar o misterio dun crecente sono de terror.
O Seminario Menor énchese para ver Dez Negriños
Gran éxito de público nas dúas representacións que tiveron lugar no Seminario Menor da obra de Ágatha Christie, Dez Negriños.
Na quenda da mañá, escolares do Juventud, Antón Fraguas e Seminario Menor de Ourense abarrotaron o salón de actos do centro. Outro tanto ocorreu na sesión solidaria da tarde, na que cada un aportaba un quilo de alimentos como entrada simbólica; recolléronse en total preto de 300 quilos.
Durante a xornada, os alumnos do propio centro visitaron outros lugares de Santiago e tiveron un coloquio cos piragüistas Pablo Graña e Noel Domínguez.
No caso de este xoves, toda a mañá estará adicada a afondar no mundo da impresión 3D, antes de dar paso as competicións deportivas. O día concluirá ás 20:00 horas coas I Vésperas de San Rosendo, na Capela Xeral do propio Seminario.