Parece que o traballo dende a casa non ten tanta repercusión pública coma o realizado na aula, pero é igualmente un traballo moi valioso. Por esta razón, nos próximos días iremos deixando aquí algunha mostra do moito e moi bo traballo que está a realizar o noso alumnado neste tempo de confinamento.
Comezamos hoxe cunha das actividades do departamento de Educación Plástica e Visual:
O tangram é un xogo de orixe chinés chamado Chi Chiao Pan, que significa “táboa da sabedoría”. É un xogo que estimula a creatividade a partir da construción de infinidade de figuras.
O alumnado de 3º da ESO viña de traballar as formas e as súas cualidades expresivas. Este exercicio permitiulles crear a partir de sete figuras xeométricas simples.
Cada alumno elaborou o seu propio tangram na casa, realizando cada unha das sete figuras e creando figuras con elas no seu bloc de EPV.
Josué Fernández