Durante a xornada do martes, os alumnos de 2º de Bacharelato tivemos unha interesante visita á catedral de Santiago.
A través das distintas salas do museo e dunha fantástica explicación do Pórtico da Gloria, puidemos sumerxirnos no pasado medieval de Santiago e na figura do Mestre Mateo.
Xuntos e a través das figuras que nos miraban trascendendo os séculos, pasamos polo mundo terreo, polo xuízo, cheo de terribles e moi visibles castigos, ata chegar, collidos da man do Apóstolo, á Gloria.
Tamén aprendimos máis sobre a nosa cidade e o noso patrón, a súa vida e como esta influíu na vida da nosa cidade e no seu arte.
Teresa Puy