Como todos os anos e dentro dos actos da Semana Cultural de San Rosendo que terá lugar a semana do 23 ao 28 de febreiro de 2026, celébrase o encontro da Asociación de antigos alumnos e amigos do Seminario Menor (SEMDA). Este acto está aberto a todos os ex alumnos, persoal docente, non docente e amigos do noso Seminario Menor da Asunción, e que dalgunha maneira son memoria deste centro.
Tes toda a información sobre o evento no enlace da web da Asociación: https://www.semda.es/
Apúntate aquí para o encontro do 28 de Febreiro.
Envíanos un email coa túa confirmación de asistencia á reunión da Asociación do 28 de febreiro a semda@smasuncion.es de cara a facer unha estimación dos que desexen quedarse á «comida de confraternidade»


