logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Biblioteca

A Biblioteca do Seminario está composta por varias salas e corredores distribuídos ao longo do edificio, e conta con preto de 30.000 volumes clasificados en distintas materias. Entre elas poderemos atopar as seccións de Lingua e Literatura (subdividida en Clásicas, Castelán, Galego, Inglés, Italiano, Francés, Alemán e Portugués), Ciencias Naturais, Filosofía, Relixión, Monografías, Ciencias Sociais, Biografías, Música, Santiago, Ciencias da Educación, Fondo Antigo, etc.

Ao longo dos últimos cinco anos, a Biblioteca do Seminario multiplicouse por tres grazas á doazón de varios sacerdotes e institucións que quixeron que os seus fondos estivesen á disposición do noso alumnado. Tamén grazas ao inxente traballo do bibliotecario e numerosos profesores (titulares e en prácticas), está moi avanzado o novo sistema de fichaxe das obras que permite a consulta en liña do noso inventario. Podes premer na seguinte imaxe para acceder ó noso catálogo en liña.

 




Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter