O Departamento de Pastoral do Colexio Seminario Menor da Asunción organiza unha peregrinación do Camiño de Santiago dirixida ao alumnado que está cursando actualmente 1º de Bacharelato.
Esta actividade terá lugar entre os días 22 e 27 do presente mes, e supón unha oportunidade para que os estudantes vivan unha experiencia de convivencia, reflexión e camiño compartido no marco dunha das tradicións máis significativas de Galicia.


