
Tras o inicio da Coresma marcado polo mércores de cinza, na xornada de onte tivo lugar no noso Colexio Seminario Menor da Asunción unha celebración Penitencial onde se lles ofreceu ao alumnado a posibilidade de recibir o Sacramento da Reconciliación. A Coresma é un tempo de graza na que todos somos invitados a unha toma de conciencia da nosa fraxilidade, non para humillarnos, senón que, dende a confrontación sincera da nosa vida co Amor, dende a humildade, así gozar dun abrazo que nos ergue e nos pon en camiño cara o encontro con un Deus Misericordioso que nos colma de Paz.
Grazas a todos pola predisposición e seriedade coa que transcurriu a mañá.
Quique Álvarez

