Cociña e comedores
Se as aulas son o lugar de traballo por excelencia para os alumnos, a cociña non soporta unha carga de traballo menor. A diario, son catro os momentos de traballo entre fogóns para poder servir o comedor outras tantas veces. E o resultado sempre é extraordinario.
Non queremos renunciar ao que supón ter un equipo de cociña que elabore menús caseros e variados para servir ao momento a todos os comensais que agardan nalgún dos comedores.
Dende o enlace Entre fogóns poderán seguir o seu traballo e coñecer un pouquiño mellor o que se coce neste ámbito: cociña seminario menor
Por outra banda, o comedor principal agarda por unha reforma que non tardará moito en chegar e que dará un aspecto máis diáfano e acolledor a este espazo.