Portería
O espazo da portería está destinado á recepción de todos aqueles que se acheguen ata o gran edificio do Seminario Menor.
Cun aspecto amplo e monumental, recibe, atende e orienta ás familias, exalumnos e visitantes do noso centro.
Grazas ao seu aspecto maxestoso, non son poucas as ocasións nas que aproveitamos a súa amplitude para a instalación dalgunha das exposicións temporais que acollemos en torno á Semana Cultural.
A maiores, existe unha entrada directa para os alumnos e profesores, habilitada nas horas de maior fluxo de xente.

