Salas de xogos
Somos conscientes de que o ideal serían as diversas actividades e xogos ao aire libre. Pero tamén somos conscientes de que, debido á climatoloxía e aos duros invernos, non sobran outros espazos alternativos nos cales poder xogar un partido de tenis de mesa, pasar o tempo do recreo ou adestrar a estratexia a través do xadrez e outros xogos de mesa.
Destacamos o mural realizado por alumnos e profesores, dentro dun proxecto de Educación Plástica, no que se recolle unha vista da cidade dende a portería do Seminario.