Salón de actos
O salón de actos foi o primeiro dos grandes espazos abertos construídos no Seminario Menor. De feito, namentres non remataron as obras do edificio, funcionou como capela provisional.
Cunha capacidade de máis de 200 persoas en butacas, sen contar as prazas da tribuna, convértese nun espazo de referencia na vida habitual do Seminario. Nel teñen lugar ao longo do curso distintas conferencias, actos académicos, concertos, teatro, reunións, proxeccións, festivais e un longo etcétera de actividades. E non só relacionadas co ámbito educativo, tamén son moitas as actividades diocesanas que se dan no seu interior.