Na véspera do Día Internacional do Patrimonio Mundial, os alumnos de primeiro de bacharelato do Seminario Menor visitaron o Museo das Peregrinacións e de Santiago, edificio emblemático situado nunha zona priviliexiada na Praza de Praterías, onde antes estivo o antigo Banco de España.
Neste museo, adicado ao feito cultural da peregrinación, no contexto do Camiño de Santiago, a catedral e o fenómeno xacobeo da tumba do apóstolo Santiago, acompañados pola erudita explicación dunha amable guía, poidemos percorrer a área expositiva dividida en diferentes programas. Dividida en espazos de gran beleza e riqueza de pezas, tivemos unha coñecemento das peregrinacións no mundo e tamén das outras peregrinacións. Así poidemos coñecer nos proxectos expositivos outras expresións artísticas relacionados co impulso peregrinatorio do ser humano.
Tamén tivemos acceso a fondos que fan un estudo de investigación histórica, que ten como obxectivo afondar en aspectos científicos do contido temático do museo, do Camiño de Santiago e aqueloutros temas relacionados co fenómeno peregrinatorio desde un punto de vista histórico.
Os nosos alumnos poideron constatar de primeira man, a riqueza do patrimonio cultural relacionados co fenómeno universal da peregrinación, coa peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago e en particular, o nacemento e a evolución da cidade de Santiago de Compostela como meta de peregrinación.
Constantino Fuentes

