logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2026-27.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Axenda Escolar 2026/27
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Xornada Escolar pola Paz

Publicada en 30 de enero de 2018 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Manifesto pola Paz do Seminario Menor

Celebramos hoxe, 30 de xaneiro, a Xornada Escolar pola Paz. Precisamente neste mes, cúmprense 50 anos da famosa mensaxe do Papa Pablo VI na que invitaba a “todos os homes de boa vontade a celebrar «O Día da Paz[1]» en todo o mundo”.

Gustaríanos que esta Paz fose unha realidade xa acadada, mais sabemos que aínda non é así. Por citar só algúns exemplos[2], durante o ano pasado:

  • a guerra en Siria motivou o éxodo de case 5 millóns de refuxiados e o desprazamento de 6,6 millóns de persoas;
  • o Conflito na República Centroafricana deixou preto de 215.000 persoas refuxiadas;
  • a Guerra en Sudán do Sur leva máis de 4 anos nunha guerra civil que xa deixa 500.000 vítimas mortais, 1,5 millóns de desprazados internos e case 2 millóns de refuxiados.
  • Desgraciadamente, na mesma liña, poderiamos citar múltiples exemplos como Colombia, Iemen, os eternos enfrontamentos entre ambas Coreas, Israel e Palestina, Iraq, ou as novas e amargas realidades como o terrorismo internacional do que ninguén está a salvo.

Non queremos con isto limitarnos a unha simple enumeración de datos estatísticos, senón tomar conciencia da nosa misión e responsabilidade en ser construtores de paz. Neste últimos anos, os Papas dirixiron esta invitación dun xeito especial á xente nova, á mocidade. Esta invitación quere amosar “a necesidade de defender a paz fronte aos perigos que sempre a ameazan:

  • o perigo (…) dos egoísmos nas relacións entre as nacións;
  • o perigo das violencias ás que algúns pobos poden deixarse arrastrar pola desesperación, ao non ver recoñecido e respectado o seu dereito á vida e á dignidade humana;
  • o perigo, hoxe tremendamente acrecentado, do recurso aos terribles armamentos exterminadores dos que algunhas Potencias dispoñen, empregando niso enormes medios financieiros, cuxo dispendio é motivo de penosa reflexión ante as graves necesidades que aflixen o desenvolvemento de tantos outros pobos;
  • o perigo de crer que as controversias internacionais non se poden resolver polos camiños da razón, é dicir das negociacións fundadas no dereito, a xustiza, a equidade, senón só polos das forzas espantosas e mortíferas”.

É ben certo que seguimos conmemorando “a Xornada da Paz” porque non hai paz na Terra, pero si hai homes e mulleres de “boa vontade”. Nós non podemos nin debemos ser testemuñas inactivas destes tempos turbulentos. “Levantemos, pois, a bandeira da Paz e convidemos a homes e Nacións a levantar, ao amencer do ano novo, “… a bandeira que debe guiar a nave da civilización, a través das inevitables tempestades da historia, ao porto das súas máis altas metas”.

Non cedamos á “covardía daqueles que temen dar a vida ao servizo do propio país e dos propios irmáns cando estes están empeñados na defensa da xustiza e da liberdade (…)” non fuxamos “da responsabilidade e dos perigos necesarios para o cumprimento de grandes deberes e empresas xenerosas: Paz non é pacifismo, (…) senón proclama dos máis altos e universais valores da vida: a verdade, a xustiza, a liberdade, o amor”.

Seguindo os consellos do Evanxeo, traballemos todos xuntos pola paz pois os que traballan pola paz serán chamados fillos de Deus (Mateo 5, 9).

[1] https://w2.vatican.va/content/paul-vi/es/messages/peace/documents/hf_p-vi_mes_19671208_i-world-day-for-peace.html

[2] Datos de ACNUR: https://eacnur.org/blog/cuales-son-los-conflictos-actuales-en-el-mundo-de-mayor-gravedad/

Tweet
« Festividade de San Tomé de Aquino no Seminario Menor
Camiño de Santiago »

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR