
Este xoves, 27 de marzo, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asistiron á exposición: Crear porvir.75 aniversario da editorial Galaxia, situada na Sede Afundación de Santiago de Compostela. Alí fixeron un percorrido pola historia desta recoñecida editorial, podendo apreciar un amplo catálogo de títulos editados, onde figuran os/as escritores/as máis salientables da nosa literatura. Os alumnos de 2º de bacharelato recordaron a creación desta editorial, explicada recentemente na clase, e valoraron positivamente poder observar as múltiples edicións dos libros, así como autores moi coñecidos da literatura galega: Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Xohana Torres…. entre moitos outros. Os alumnos de 1º tamén desfrutaron desta exposición, onde celebramos os 75 anos de Galaxia.
Susana Ordóñez

