
O día 18 de maio o noso colexio conmemorou o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á xornalista e escritora Begoña Caamaño. Para celebrar esta data recibimos a visita de Uxía Senlle, amiga a homenaxeada, que nos deu a coñecer a súa sensibilidade e a importancia da súa mensaxe. Coas súas cancións e anécdotas coñecemos moito mellor a Begoña, puidemos acercarnos máis ao que la nos intentou transmitir, ademais de pasar unha xornada amena e divertida.
Uxía non veu só a falarnos dunha escritora homenaxeada; veu a traernos o legado de Begoña a través da palabra, da emoción e por suposto da súa música. Axudounos a entender por que a ollada de Begoña segue a ser necesaria para entender a Galicia de hoxe.
Grazas por todo Uxía, por compartir connosco a túa arte e por facernos partícipes dunha celebración tan marabillosa.



