logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Actividades Extraescolares

Publicada en 15 de octubre de 2013 de Seminario Menor Publicado en: Circulares

Estimado pai/nai/titor:

Na mesma semana de comezar as clases, mantivemos unha reunión con vós para informarvos das principais liñas do curso e aclarar posibles dúbidas sobre o funcionamento de centro.

Nesa reunión adiantabámosvos as actividades extraescolares que se ían desenrolar durante o curso. Os horarios nos que se levarán a cabo son os seguintes:

Clases de guitarra Luns e xoves de 18:00 a 18:30
Clases de piano Martes de 17:45 en diante
Escola Federación de Bádminton Martes ás 17:45
Ensaio grupo de teatro Mércores ás 15:30
Equipos de futbito Mércores e xoves de 14:30 a 15:30

            As dúas últimas actividades son gratuítas, mentres que para as primeiras se nos pide unha aportación económica mensual de 20 euros. Neste mes de outubro non obstante, non se cobrará nada. Para apuntarse a calquera delas, rogámoslles no lo indiquen no reverso desta folla e a entreguen ao titor do seu fillo.

            Mentres que o horario das clases de guitarra é sempre o mesmo, no caso das clases de piano, estas esixen unha aprendizaxe máis individualizada, polo que (dentro do horario que aquí se especifica) a profesora porase de acordo co alumno para ver o horario que mais lle convén.

            Este ano temos coma novidade o nacemento na nosa cidade dunha nova sección da Federación Galega deBádminton, que terá como base dos seus adestramentos precisamente as instalacións do noso Seminario Menor. Parécenos unha boa oportunidade aproveitar este ofrecemento que se brinda para tódolos nosos alumnos.

            Os diversos equipos de futbito recolleron ao longo destes anos numerosos títulos. Este curso non pode ser menos nas competicións tanto a nivel interno coma interescolar.

            Aproveitamos a ocasión para invitarvos a Escola de Pais, cuxa primeira sesión terá lugar o vindeiro venres 18 ás 16:00 h. Así mesmo, estendemos esa mesma invitación a tódolos festivais e actividades que organizamos durante o curso e que xa aparecen sinaladas no Planing escolar que vos repartimos na citada reunión de pais.

            Un cordial saúdo

Manuel Ferreiro. Rector.

Tweet
« Inaugurando el curso 2013-14
Escola de Pais »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter