Desde onte estamos embarcados na campaña de dinamización lingüística Aquí tamén se fala, xunto con outros 170 centros de toda Galicia. Unha campaña que partiu do IES Rafel Dieste da Coruña e que pretende implicar á mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna. Un cartel, unha foto, difusión nas redes e o orgullo de participar, nada máis e nada menos.
Como explican os promotores, “queren rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego. Ou de que no mundo da empresa non se usa, nin nos barrios, nin nas vilas… e para acabar con estas mentiras, as alumnos e alumnas exercerán como técnicos de normalización lingüística”. Iremos informando e amosando resultados nas nosas redes. De momento comezamos cunha boa fichaxe, como vedes.
Begoña Campaña.


