Os alumnos de 3º ESO traballaron na clase as diferentes formas de interpretar a realidade a través da arte. Neste sentido, traballamos dende o realismo de Antonio López, pasando pola abstracción de Pollock ou a simplificación de formas dos artistas cubistas.
A proposta práctica realizada polos rapaces foi a realización dun motivo libre interpretado desde unha óptica realista, abstracta, simplificada e, por último, deformada. Para completar o traballo desde a casa, a través de Classroom vimos diversos materiais que axudaron aos rapaces a comprender o facer de diversos artistas.
A visita online ao Museo Salvador Dalí, a visualización da curta de Salvador Dalí e Disney e a curta animada sobre o proceso creativo de Jackson Pollock, completaron o abanico de actividades.
Josué Fernández