Archivo del autor: Seminario Menor
Argallando na Cidade da Cultura
Este xoves, 17 de outubro, os alumnos de 2º e 1º da ESO fixemos unha saída a Cidade da Cultura. Ademáis de coñecer o proxecto e realización dun espazo da nosa cidade, visitamos a exposición “Argallar”. Tratábase de xogar coa arquitectura dende a imaxinación e abordar contidos de matemáticas e tecnoloxía coma formas poligonais, poliedros, sistemas de sustentación, triangulación en estructuras, vistas…
Nunha primeira parte, os alumnos, sen ningunha orientación previa, podían achegarse a materiais diversos coma gomas, fíos, mangueiras, hula hoops, pezas de madeira de todas as formas… e crear as súas propias construccións dende a creatividade.
Seguidamente, os profesores fixémoslle unha proposta de traballo conxunto: o levantamento dunha cúpula!. A coordinación foi fundamental para acadar o noso obxectivo con éxito.
Agradecemos a colaboración de todos, tanto na construcción como na recollida. Os rapaces voltaron ao seminario felices da experiencia.
María Bandín
Festa de Santa Tareixa no Carmelo de Santiago
A vida contemplativa, a vida de clausura é sempre un interrogante nas nosas vidas. Moitas veces, cando coñecemos esta realidade brota en nós unha serie de preguntas que non son fáciles de respostar.
No día de onte, os seminaristas menores coñeceron á terceira comunidade de monxas contemplativas presente na cidade de Santiago: comezáramos o curso, participando na novena da Virxe da Mercé nas Nais Mercedarias; a semana seguinte, fomos varias veces á misa coas Nais Dominicas, e agora tocoulle a quenda ás Nais Carmelitas. O motivo era importante: a festa de santa Tareixa de Xesús.
Xunto co Seminario Maior, participamos na Eucaristía Solemne que presidiu o Sr. Arcebispo e que concelebrou entre outros sacerdotes o noso Reitor e o Director Espiritual (aos titores tocoulles atender o estudio). Alí tivemos a sorte de saudar por vez primeira ó noso Arcebispo antes de comezar a misa. Preguntounos como comezamos o curso e animounos a poñer o mellor de nós na tarefa de formarmos como persoas e como cristiáns. Santa Tareixa de Xesús díxonos, que a pesar das nosas inquedanzas, só Deus basta.


