O día 8 de marzo o alumnado de 1º ESO comezaba o proxecto A que se aveciña, integrado no ámbito científico-técnico.
Trátase da colaboración entre as áreas de Matemáticas, Bioloxía, Inglés, Educación Plástica e Educación Física co fin de que os nosos estudantes podan ver a relación que existe entre os contidos disciplinares que se imparten. O coñecemento que adquiren xa non é algo inconexo, non aprenden por unha banda os hábitas, por outra os pentágonos, por outra o pasado dos verbos en inglés, senón que se pretende encontrar a relación que pode existir entre eles. Ademáis tamén se traballa en que cada quen sexa consciente da súa aprendizaxe: como, cando, por que, para que, etc.
No primeiro día do novo proxecto, fíxose unha Escape Room para presentar o proxecto. Tiñan que atopar e interpretar pistas (deixadas en ecuacións matemáticas, en inglés, etc) para averiguar o tema do proxecto, e a continuación dirixirse ao laboratorio de Bioloxía. Alí tiñan o material necesario para facer un ecosistema artificial dentro dun bote de cristal. Cada un dos dous grupos que se formaron tivo que meter grava, terra, musgo, algunha planta pequena e bichos (que recolleron no patio do propio colexio). Os botes atópanse na aula de 1º ESO para que vexan a súa evolución.
Agardamos que cando remate o proxecto na primeira semana de abril o obxectivo dunha aprendizaxe permanente para o futuro teña sido acadado.