No Día internacional da poesía os alumnos de 1º e 2º da ESO prepararon unha bonita exposición de “Poemas para levar”. Deixámosvos imaxes do seu traballo. Felices Vacacións.

Archivo del autor: Seminario Menor
FAKE NEWS
Onte grazas ao Programa A Voz-Prensa Escola , o xornalista César Rodríguez achegouse ao colexio para falarnos das noticias falsas que asolagan as redes.
Ensinounos a detectalas e a ser críticos coa procura de información.Detrás de moitos influencers hai campañas de márketing que buscan vender ou publicitar produtos.O máis importante é contrastar a fonte e verificar se esa noticia é real.
BOLSAS ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS
O Ministerio de Educación abre o prazo para a solicitude de bolsas para cursar estudos de Bacharelato e FP. A convocatoria publicouse o 15 de marzo de 2024, e poderán presentarse solicitudes desde o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 (horas peninsulares).
Máis informacion en BOLSAS MEC




