Santiago é unha cidade espectacular polo seu patrimonio histórico e natural. As actividades culturáis que se ofertan dende a capital de Galicia son un gran atractivo e, ao mesmo tempo, unha oportunidade para a nosa formación. Conscientes de esta realidade, intentamos aproveitar ao máximo todos estes recursos.
Deste xeito, un grupiño de alumnos e alumnas xa temos percorrido algúns dos parques e espacios naturáis da nosa contorna. As Brañas do Sar, o Parque de Bonaval ou o Parque da Almáciga son algún dos lugares que xa visitamos.
Mentres o tempo acompañe, seguiremos coñecendo esta gran riqueza da nosa cidade, para asomarnos tamén á súa historia, fauna e flora.