Coa finalidade de orientar aos nosos alumnos de segundo curso de bacharelato, o colexio organizou unha charla de Orientación Académica e Profesional. Hoxe contamos cunha representante da Universidade CEU San Pablo que informou os nosos alumnos da súa oferta académica. Con estas xornadas, buscamos facilitar aos nosos estudantes toda a información posible sobre formación universitaria e profesional, así como a realidade das distintas profesións ás que poden optar.
Departamento de Orientación.








