Category Archives: Noticias
Dende o mundo do realismo ata o da abstracción…
Os alumnos de 3º ESO traballaron na clase as diferentes formas de interpretar a realidade a través da arte. Neste sentido, traballamos dende o realismo de Antonio López, pasando pola abstracción de Pollock ou a simplificación de formas dos artistas cubistas.
A proposta práctica realizada polos rapaces foi a realización dun motivo libre interpretado desde unha óptica realista, abstracta, simplificada e, por último, deformada. Para completar o traballo desde a casa, a través de Classroom vimos diversos materiais que axudaron aos rapaces a comprender o facer de diversos artistas.
A visita online ao Museo Salvador Dalí, a visualización da curta de Salvador Dalí e Disney e a curta animada sobre o proceso creativo de Jackson Pollock, completaron o abanico de actividades.
Josué Fernández
Percorrido virtual e outras actividades en Historia da Arte
Seguimos contando a dinámica que seguimos na formación do noso alumnado neste tempo de pandemia. No día de hoxe, cedemos a palabra ao profesor de Historia da Arte:
Co alumnado de 2º de Bacharelato estamos a traballar a través de Classroom. Na plataforma, cada día de clase, subimos unha presentación Power Point co contido da clase, acompañando sempre que é posible de recursos audiovisuais e a proposta de realización de comentarios.
Tamén celebramos o Días das Artes Galegas 2020, adicado a Domingo de Andrade, cun “paseo” virtual polas súas obras en Compostela. Podes visualizalo premendo aquí.
Agora mesmo, comezamos o tema do Barroco cunha nova modalidade de clases en formato vídeo onde o profesor explica ao tempo que o alumnado vai vendo as diapositivas de Power Point.
Josué Fernández