
Category Archives: Noticias
Información sobre a subvención do INEGA.
Para os efectos da subvención solicitada ao INEGA destinada á instalación do sistema de xeotermia no noso centro, e en cumprimento do establecido nas bases reguladoras da convocatoria, facemos pública a seguinte información:
O colexio é beneficiario dunha subvención do INEGA, motivo polo cal se incorpora a esta publicación o cartel oficial que así o acredita.
Festa de Aprendizaxe.

Os alumnos e alumnas do Seminario Menor vivimos con moita emoción a nosa Festa de Aprendizaxe. Ao principio estabamos algo nerviosos, porque sabiamos que ía ser un momento importante: tiñamos que enfrontarnos a un público, algo que sempre impón un pouco de respecto. Porén, axiña descubrimos que era tamén unha magnífica oportunidade para demostrar todo o que aprendemos
ao longo do proxecto e compartir o noso traballo coas familias. O proxecto de 2 da ESO titulábase “Coctelería científica 00”, e nel combinamos a teoría coa experimentación. A través desta proposta puidemos repasar contidos de distintas materias, aplicar
coñecementos científicos e poñer en práctica o aprendido no laboratorio, onde realizamos experiencias que mesturaban ciencia e diversión.
Durante a presentación, tamén compartimos co público as dinámicas de aprendizaxe cooperativa que empregamos nas aulas, coas que aprendemos mellor entre iguais, así como algunhas das rutinas de pensamento que nos axudan a ordenar as ideas, empregar a lóxica e desenvolver o razoamento. Foi unha experiencia enriquecedora e chea de aprendizaxe, na que comprobamos que ensinar tamén é unha forma de aprender. E, para rematar a xornada do mellor xeito, os compañeiros e compañeiras de 4o da ESO agasalláronnos cun delicioso chocolate quente, que endulzou a saída e puxo o broche perfecto a un día cheo de emocións e satisfacción.





