Category Archives: Noticias
Cena Solidaria no Seminario Maior
Funeral de Benfeitores
Chegado o mes de novembro, é costume unirnos os seminarios Maior e Menor da nosa Archidiocese para celebrar o funeral polos benfeitores defuntos desta institución.
Se ben é certo que durante todo o ano queremos ter presentes a esa multitude de persoas que, de xeito anónimo, sosteñen coa súa aportación os nosos seminarios, tamén o é, que é para nós unha obriga rezar dun xeito solemne polos que xa nos deixaron e agora nos poden axudar coa súa intercesión ante o Pai.
Con tal motivo, coma xa estaba anunciado, este martes, día 24, ás 17:00 horas, celebraremos o Solemne Funeral polos Benfeitores do Seminario na Capela Xeral do Seminario Maior.
Dalles, Señor, o descanso eterno. E brille para eles a luz perpetua.



