Coma ven sendo habitual, é de todos sabido que, na primeira semana do curso, non hai estudo organizado no centro para os alumnos mediopensionistas e externos. Nos vindeiros días entregarase unha carta na que os pais terán a oportunidade de sinalar os momentos nos que os fillos participarán en ditos espazos de estudo.
Do mesmo xeito, aproveitamos para recordar que o vindeiro venres, día 18, ás 16:00 h, no salón de actos, terá lugar a Reunión de Pais para informar das novidades do curso, entregar as claves do xestor escolar e solucionar posibles dúbidas.






