Dentro das actividades da Semana Cultural 2025 este ano dedicada á Intelixencia Artificial, o alumnado asistiu a unha charla- taller impartida por Alba Meijide de @mundosdigitales.
XII Semana Cultural de San Rosendo e xuntanza de ex alumnos e amigos do Seminario.
O sábado 1 de marzo celebraráse un encontro de alumnos e ex alumnos de todas as promocións, e logo da Misa haberá unha comida de confraternidade como todos os anos que terá lugar no propio Seminario Menor da Asunción.
Envíanos un email coa túa confirmación de asistencia á xuntanza do 1 marzo de 2025 a semda@smasuncion.es de cara a facer unha estimación dos que desexen quedarse á «comida de confraternidade»
Tamén podes chamar ao Tf. 981 58 92 00
PRÉGASE CONFIRMAR ASISTENCIA. (cada quen aboará a súa comida).
DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: LÚNS 24 DE FEBREIRO.
HORARIO:
11:00 Acollida aos asistentes no hall da entrada principal
11:30 Visita polas instalacións do centro
12:00 Presentación de SEMDA no salón de actos e homenaxe das promocións do 1975 e 2000.
13:00 Santa Misa
14:00 Xantar de confraternidade

O Día Escolar da Paz celébrase cada 30 de xaneiro porque nese día, de 1948, foi asasinado Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. O alumnado de primaria, secundaria e bacharelato asistimos a unha charla da profesora Judith Nafela, quen desde a súa experiencia, falounos da necesidade da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz como valores fundamentais da nosa convivencia.

